Detalles
Tempo
15 minutos
Dificultade
Fácil
Pasos
- Reservamos a metade do leite e a outra metade poñémola nun cazo coa rama de canela. Deixamos a fogo medio até que ferva para que se infusione coa canela. Remexemos de cando en vez.
- No leite que previamente reservamos imos botando a maicena pouco a pouco e mesturando ben cada vez que botamos. Isto é moi importante facelo aos poucos para evitar grumos.
- Batemos á parte o azucre cos ovos e engadímos todo ao leite frio coa maicena.
- Unha vez esté infusionado o leite do cazo, botamoslle un chisco de leite quente á outra mestura e remexemos. De seguida botamos o resto do leite quente, mesturamos un pouco e vertemos de novo todo xunto no cazo a lume baixo.
- Remexemos constantemente con un batedor de varas até que espese e retiramos do lume. Deixamos arrefriar un pouco.