Detalles
Racións
4 persoas
Tempo de cociñado
30 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
3 porros
3 cenouras
2 patacas
2 allos
bacallau desmigado
aceite de oliva
pimenta
pimentón doce
Pasos
- Desalgamos o bacallau con auga na neveira durante 24 h antes de cociñalo, cambiando a auga varias veces.
- Cortamos os porros, as cenouras e as patacas.
- Botamos un chorro de aceite nunha pota e botamos os allos pelados cando o aceite esté quente.
- Engadimos os porros e as cenouras e refogamos uns minutos.
- Engadimos a auga e as patacas e deixamos cocer durante 20 minutos. Botámoslle pementa negra moída e un chisco de sal mentras coce.
- Cando as verduras estén ao punto engadimos as migas de bacallau.
- Deixamos 10 minutos cocendo.
- Deixamos repousar uns minutos e servimos quente.