Lasaña vexetariana

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo de cociñado

60 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 berenxena

  • 1 cabaciño

  • 3 cenouras

  • 1 pemento vermello

  • 1 cebola

  • 3 tomates maduros

  • champiñóns

  • 2 allos

  • láminas de pasta para lasaña

  • tomate triturado

  • queixo relado para gratinar

  • pementa

  • sal

  • Para a bechamel
  • fariña

  • manteiga

  • leite

Pasos

  • Pelamos e cortamos en pedazos miudos a cenoura.
  • Cortamos en brunoise a cebola e o pemento, e en taquiños do mesmo tamaño a berenxena e o cabaciño.
  • Lavamos y laminamos os champiñóns.
  • Quentamos un chisco de aceite de oliva nun wok e botamos primeiro o allo, e logo a cebola, o pemento, a cenoura, a berenxena e o calabacín. Cociñamos a fogo medio.
  • Aos 5 minutos engadimos os champiñóns e seguimos cociñando.
  • Cando todas as verduras xa estén feitas, engadimos os tomates pelados e cortados en tacos. Engadimos sal e un pouco de pementa negra moída.
  • Se queremos, ademais dos tomates naturais podemos engadir tomate triturado cando estes xa estén cociñados.
  • Cando as verduras esten cociñadas, apagamos o lume e deixamos repousar. Mentras tanto prequentamos o forno a 180 graos.
  • En tanto o forno quece, colocamos nunha bandexa para forno unha capa de láminas de pasta e cubrimos coas verduras. Neste caso non e necesario cocer a pasta, pero depende do produto elixido. Repetimos o proceso outra vez até conseguir duas capas de verduras e tres de pasta.
  • Facemos unha bechamel seguindo as indicacións da nosa receita e cubrimos a derradeira capa de lasaña con esta.
  • Por último botamos por riba da bechamel o queixo relado e metemos no forno 15 ou 20 minutos. Os últimos minutos activaremos o modo grill até que a capa de queixo fique douradiña.