Detalles
Racións
6 persons
Tempo de cociñado
60 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 iogur
1 medida (vasiño de iogur) de aceite de xirasol
2 medidas de azucre
3 medidas de fariña
3 ovos
1 sobre de levadura
3 plátanos maduros
1 culler sopeira de cacao en pó 100%
12 onzas de chocolate negro para repostería
Pasos
- Botamos o iogur nun cunco para empregar o vasiño como medida.
- Tamizamos a fariña e engadimos o sobre de levadura. Mesturamos ben nun cunco e reservamos.
- Batemos os 3 ovos co azucre e cando estén ben mesturados engadimos o aceite e o iogur. Seguimos batendo coa axuda de un batedor de varas.
- Mondamos 2 plátanos e pisamolos nun cunco, cando teñamos unha papa de plátano engadímolo aos ovos.
- Engadimos ao bol da fariña e a levadura a outra mestura e batemos ben para evitar grumos.
- Engadimos unha culler de cacao en pó e seguimos remexendo.
- Cortamos o chocolate en cadradiños coa axuda de un coitelo e unha táboa de madeira. O ideal sería dividir cada onza de chocolate en 6 cadradiños.
- Engadimos os anacos de chocolate á masa e mesturamos ben.
- Prequentamos o forno a 180 graos con calor arriba e abaixo e colocamos a masa nun molde con papel de forno ou untamos o molde con manteiga para evitar que se pegue.
- Por último pelamos e cortamos lonxitudinalmente un plátano e colocámolo coa parte plana cara arriba no centro do biscoito.
- Metemos no centro do forno 30/35 minutos a 180º. Se picamos o biscoito e sae seco, estará listo.
- Deixamos arrefriar 15 minutos e quitamos o molde.