Polo ao curry con piña

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo de cociñado

40 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 peituga de polo

  • 1 cebola

  • 1/4 piña natural

  • 150 ml de nata para cociñar

  • 2 allos

  • arroz

  • aceite de oliva

  • curry

  • cúrcuma

  • sal e pementa negra moída

  • perixel para decorar

Pasos

  • Cortamos a cebola en brunoise.
  • Cortamos a peituga de polo en tacos de igual tamaño e engadimos sal e pementa moída.
  • Pelamos a piña e quitamos o cañoto. Cortamos a piña en tacos de tamaño similar aos do polo.
  • Quentamos un chisco de aceite nunha tixola grande ou nun wok.
  • Cando o aciete esté quente engadimos a cebola e pochamos a lume medio con un chisco de sal.
  • Cando a cebola este pochadiña engadimos os tacos de polo e subimos un pouco o lume para que queden dourados e non se cozan. Salteamos durante uns minutos.
  • Engadimos a piña ao polo e a cebola e continuamos salteando.
  • Cando vexamos que o polo e a piña están cociñados engadimos a nata e remexemos ben.
  • Deixamos cociñar uns minutos a nata co polo e engadimos curry ao gusto e un pouco de cúrcuma.
  • Cando a nata espese, apagamos o lume e reservamos.
  • Coa axuda dun coador lavamos ben o arroz e escorrémolo. Isto permítenos quitar o almidón do arroz e que quede máis solto.
  • Engadimos un chorriño de aceite nunha pota e cando este quente engadimos os allos pelados e cortados pola metade. Deixamos uns minutos mentras se douran os allos con cuidado de que non se queimen.
  • Engadimos o arroz ao allo e refogamos uns minutos.
  • Botámoslle auga abundante e deixamos cocer uns 10 ou 12 minutos aproximadamente até que o arroz esté no seu punto. Engadimos abundante auga xa que imos escorrelo despois.
  • Escorremos ben o arroz co coador.
  • Para servir no prato imos facer unha montañiña de arroz coa axuda dunha cunca. Para isto enchemos de arroz a cunca e prememos levemente. Viramos a cunca sobre o prato e sacudimos con cuidado para que se solte.
  • Colocamos o polo coa piña e a salsa de curry aos pes do arroz. Por último podemos decorar a montaña de arroz con unhas follas de perixel por riba.