Berenxenas á parmigiana sen parmigiano

Detalles

Racións

2 persoas

Teempo de cociñado

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 2 berenxenas

  • 3 cenorias

  • 1 cebola

  • 800 g de tomate triturado crú

  • 150 g de mozzarella relada

  • 2 culleradas sopeiras de pan relado

  • aceite

  • sal

  • pementa

  • ourego

  • tomiño

Pasos

  • Laminamos as berenxenas lonxitudinalmente, poñémolas nun papel de forno e salpimentamos.
  • Metémolas no forno nunha grella a 180 graos con calor arriba e abaixo durante 15 minutos.
  • Cortamos a cebola en brunoise e relamos a cenoria para o sofrito.
  • Nunha tixola engadimos aceite e cando este quente botamos a cebola e a cenoria e refogamos. Cando as verduriñas estén ao punto botamos o tomate triturado e remexemos.
  • Engadimos sal e especias ao gusto ao sofrito, tomiño, ourego e pementa. Na receita orixinal adoitase botar albahaca.
  • Nunha bandexa para o forno imos montando as capas: lámina de berenxena, sofrito, queixo mozzarella e repetimos outra vez. Na última capa espolvoreamos con queixo mozzarella e pan relado, que dará un toque crocante.
  • Metemos no forno a 180 graos durante 15 minutos até que o queixo se funda ben.