Detalles
Racións
4 persoas
Dificultade
Fácil
Ingredientes
500 g de fariña de trigo
20 g fermento en pó ( ou 10g de fermento fresco)
400 g de auga morna
2 culleradas de sal fina
40 ml de aceite de oliva virxe extra
50 g de sésamo ecolóxico torrado
Pasos
- Poñer o fermento nun cunco, engadirlle a auga morna, nunca quente nin fervendo.
- Engadir aceite e sal e mesturar.
- Engadir pouco a pouco a fariña tamizada e ir mesturando.
- Engadir o sésamo e mesturar.
- Acabar de engadir a fariña e mesturar ben.
- Unha vez homoxeneizado, amasar 10 minutos nunha mesa con un pouco de fariña e pasalo a un cunco coas paredes cubertas con unha capiña de aceite. Se a masa é moi líquida é posíbel que se teña que engadir máis fariña no proceso. ” A masa vaino pedindo”.
- Deixar tapado con film 2h nun lugar temperado. Si a túa cociña está moi fria pon un pano baixo do cunco para que a mesa non lle transmita o frio e pon duas tazas con auga quente ao redor para darlle algo de temperatura.
- Botar un pouco de fariña na mesa e poñer a masa enriba. Dividimos a masa en tres churros alongados e trenzámolos. Poñer a trenza enriba de papel de forno nunha bandexa apta para o forno.
- Deixar repousar 1h cuberta dun pano nun lugar sen correntes de aire e quente.
- Meter no forno quente a 200 graos uns 50 minutos. É importante poñer un recipiente con auga dentro.
- Deixar enfriar e comer.