Rodaballo ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 5 patacas

  • 4 anacos de rodaballo

  • Aceite de oliva

  • Sal

Pasos

  • Lavamos as patacas e cocémolas coa monda durante 25 minutos. Despois de cocelas, agardamos uns minutos a que arrefríen e quitamoslles a monda.
  • Cortamos as patacas en toros e colocámolas nunha bandexa de forno. Botámoslles por riba un pouco de sal e un chorriño de aceite.
  • Poñemos os anacos de rodaballo enriba das patacas e metemos no forno durante 25 minutos a 180 graos.