Alcachofas asadas ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 4 alcachofas enteiras

  • sal

  • aceite de oliva

  • vinagre ou
    un chorriño de limón

Pasos

  • Comezamos quentando o forno a 180 graos. Mentras cortámoslles o talo ás alcachofas e imos unha por unha agarrándoas pola base e golpeándolles a cabeza contra o mesado para que abran un pouco.
  • Logo colocámolas nunha bandexa apta para o forno co talo cara abaixo e botámoslles sal e un chorriño de aceite no centro a cada unha. Metémolas no forno cando estea temperado e deixámolas uns 45 minutos.  
  • Pasado este tempo retirámolas do forno e botámoslles un chorriño de vinagre ou de limón por enriba.
  • Para comelas só precisamos tirarlles as follas exteriores e desfrutar da parte tenra das interiores. Cómense coma pebidas!