Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
75 g de xamón curado en tacos
6 alcachofas
ou corazóns de alcachofa
en conserva200 ml de nata para cociñar
125 g de queixo San Simón
4 allos
Pasos
- Se empregamos alcachofas en conserva, saltamos este paso.
Quitamos o talo das alcachofas e lavámolas sen retirar ningunha folla. Cocémolas en abundante auga durante 30 minutos aproximadamente até que estean brandas. Agardamos a que arrefríen un pouco, cortamoslles a punta e retiramos as follas superficiais até obter os corazóns das alcachofas. - Nunha tixola cun chorriño de aceite confitamos os allos a lume moi baixo durante uns 10 minutos.
- Retiramos os allos, e dámoslle un golpe de calor ao xamón e a continuación salteamos as alcachofas neste mesmo aceite. Retirámos o xamón e as alcachofas e reservámolos. Na mesma tixola botamos a nata e o queixo en anacos, remexemos até que espese, obtendo unha salsa homoxénea.
- Servimos os corazóns das alcachofas co mollo de queixo e cos taquiños de xamón curado por enriba.