Detalles
Racións
1 persoa
Tempo
15 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 toro de atún (grosor 1,5 dedos aprox)
Sementes de sésamo ecolóxicas
Mollo de soia
Pasos
- Como imos comer o peixe co interior cru é moi importante que estivera conxelado polo menos 5 días nun conxelador doméstico ou 3 días en un ultraconxelador profesional. É importante que a desconxelación se faga na neveira.
- Sacar o toro de atun do frigorífico para que non estea moi frio ao cociñalo.
- Mollamos o atún no mollo de soia polos dous lados.
- Rebozamos coas sementes do sésamo.
- Pasamos o trodo de atún por unha tixola moi quente con un chorro de aceite, 3 min aproximadamente por cada lado. Ten que quedar crú polo medio e cociñado polos lados.