Biscoitiño no tarriño

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 ovo

  • 1 cullerada de aceite de oliva

  • 1.5 culleradas de azucre

  • 4 culleradas de leite

  • 1/2 cullerada de fermento químico en pó

  • 4 culleradas de fariña de trigo

  • 8 onzas de chocolate con leite e avelás

Pasos

  • Batemos o ovo nun cunco.
  • Engadimos o aceite, o leite, o azucre e mesturamos.
  • Tamizamos a fariña co fermento e mesturamos até obter unha masa homoxénea.
  • Derretemos o chocolate no microondas a baixa potencia e removendo pouco a pouco para que non se queime.
  • Repartimos a masa en dous tarriños de vidro ou en duas tazas.
  • Engadimos a metade do chocolate fundido no medio da masa en cada un dos recipientes.
  • Metemos no microondas a máxima potencia durante un minuto e medio ou dous minutos, dependendo do microondas.
  • Deixamos repousar 5 minutos e… pronto para comer!