Bacalhau à margarida da praça

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

Recipiente para forno

Ingredientes

  • 2 lombos de bacallau

  • 3 cebolas grandes

  • 2 allos 

  • 4 patacas

  • pementa moída

Pasos

  • Lavamos e cocemos as patacas coa monda e un pouco de sal durante 25 minutos. Agardamos que arrefríen un pouco, mondámolas e cortámolas en toros.
  • Nunha tixola con aceite quente pasamos o bacallau un minuto por cada lado e reservamos. Engadimos ao aceite os allos pelados e as cebolas cortadas á xuliana, botámoslles un chisco de sal e rustrímolos durante 10 minutos a lume baixo. 
  • Sobre unha bandexa apta para o forno, facemos unha cama cos cachelos, colocamos enriba os lombos de bacallau, cubrimos coa cebola e botámoslle pementa moída por enriba.
  • Metémolo no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 10 minutos,  até que se doure a cebola.