Tarta crocante de mazá

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Molde

Desmontable de 26 cm

Ingredientes

  • 1 lámina de masa crebada
    (masa brisée)

  • 1 kg mazás

  • 130 g de azucre

  • 130 g de manteiga

  • 160 g de fariña de trigo

  • 1 limón

  • canela

Pasos

  • Estendemos a masa nun molde redondo para forno.
  • Pelamos e cortamos as mazás en anacos iguais e botámoslle o zume do limón por riba, 30 g de azucre, 50 g de manteiga en dadiños e un chisco de canela. Mesturamos todo ben e reservamos.
  • Mesturamos 100 g de azucre con 160 g de fariña e 80 g de manteiga fría, amasamos coas mans de xeito que se vaian formando faragullas pequenas.
  • Botamos as mazás sobre a masa e metemos no forno, que previamente quentaramos a 180 graos durante 15 minutos.
  • Pasado este tempo botamos por enriba das mazás outra capa coas faragullas sen gramar. Deixamos no forno a 200 graos durante 20 minutos até que a capa de enriba se doure.