Bechamel

Detalles

Cantidade

6 persoas

Tempo

25 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 50 g de fariña

  • 50 g manteiga

  • 1/2 litro de leite

  • sal e pementa negra moída ao gusto

Pasos

  • Tamizamos a fariña cun coador e reservamos.
  • Quentamos o leite sen que ferva e reservamos.
  • Colocamos a manteiga cortada en cadradiños nun cazo á parte, e quentamos a lume baixo ata que se derreta.
  • Cando a manteiga se derreta engadimos a fariña previamente tamizada á manteiga derretida pouco a pouco e imos remexendo cunha culler de pau. É moi importante cociñar ben a fariña durante varios minutos, de non facelo saberá moito a fariña crua.
  • Cando a fariña este ben dourada, engadimos o leite quente e imos remexendo con un batedor de globo até que fique unha masa homoxénea.
  • Botamos sal e pementa ao gusto
  • Remexemos lentamente até conseguir a textura desexada.

1 comentario

Os comentarios están pechados.