Bolachas de queixo San Simón

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 150 gramos de fariña

  • 100 gramos de queixo San Simón relado

  • 125 gramos de manteiga

  • 1 cullerada de sobremesa de albahaca

  • 1/2 cullerada de sobremesa de sal

  • 1/2 cullerada de sobremesa de pementa moída

Pasos

  • Nun cunco botamos a fariña, o queixo relado e a manteiga a temperatura ambiente.
  • Desfacemos a manteiga coas mans e imos mesturando coa fariña e o queixo. Amasamos até ter unha masa homoxénea.
  • Unha vez lista a masa, colocamos sobre unha superficie con un pouco de fariña por baixo, e coas palmas das mans imos esmagandoa e movendo a masa para darlle forma cilíndrica.
  • Cando teñamos un cilindo alongado do mesmo grosor, envolvemos a masa en film transparente e gardamos na neveira até que a masa quede dura, unha hora como mínimo.
  • Cando a masa estea dura, retiramos do frigorífico e cortamos en toros de un dedo de grosor máis ou menos.
  • Colocamo as bolachas nunha bandexa sobre papel de forno, un pouco separadas para que non se peguen ao medrar no forno, e prememos lixeiramente sobre o centro de cada unha.
  • Metemos no forno a 180 graos até que queden douradas, durante 20 minutos aproximadamente. Despois de sacalas do forno poñémolas nunha bandexa para que arrefrien. E xa poderemos desfrutalas en calquera aperitivo!