Falafel

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 g de garavanzos crus

  • 1 cebola

  • 1 cenoria

  • 1 allo

  • 1 cullerada de sobremesa de bicarbonato

  • 1 cullerada de sobremesa de cúrcuma

  • 1 cullerada de sobremesa de comiño moído

  • pirixel fresco

  • pementa negra moída

  • sal

  • aceite de xirasol para fritir

Pasos

  • Poñer os garavanzos nun cunco a remollo durante 24 horas para que abranden.
  • Pasadas as 24h escorrémolos e reservamos. Tiramos a monda da cenoria, da cebola e o allo e engadímolo aos garavanzos.
  • Trituramos todo con un batedor até ter unha masa fina.
  • Engadimos o sal, o pirixel picado e o resto de especias e mesturamos ben.
  • Tapamos o cunco e deixamos repousar durante unha hora como mínimo.
  • Pasado este tempo xa podemos cociñalo. Para isto facemos pequenas hamburguesas coas mans, prensando ben para que queden compactas.
  • Quentamos o aceite nunha tixola e fogo medio-alto e fritimos as hamburguesas até que estén doradiñas polos dous lados.
  • Colocámos en papel de cociña para absorver o aceite uns minutos e listo!
  • Podemos acompañar con unha ensalada e con mollo de iogur.