Brigadeiros brasileiros

Detalles

Racións

30 unidades

Tempo

90 minutos

O brigadeiro é un doce moi famoso no Brasil. Adoita facerse na casa para eventos festivos, un exemplo son as festas de aniversario. Os orixinais cóbrense con chocolate pero hai gran cantidade de versións. Nós quixemos facer a receita tradicional e tamén unha versión cuberta con coco relado, igualmente deliciosa.

Ingredientes

  • 395 g de leite condensado

  • 20 g de cacao en pó

  • 20 g de manteiga
    en ponto de pomada

  • coco relado

  • 100 g de fideos de chocolate

  • MOLDES
  • Formas de magdalenas de 8cm de diámetro

Pasos

  • Untamos unha bandexa con manteiga e reservamos.
  • Nun cazo botamos o leite condensado e o cacao, remexemos cunha culler de pau para disolvelo. Engadimos a manteiga en ponto de pomada e cociñamos a fogo baixo, remexendo con movementes circulares constantemente até que cambie a textura e espese.
  • Retiramos do lume e vertémolo na bandexa ben estendido. Deixámolo arrefríar de todo e metémolo na neveira un pouco para que poidamos traballalo mellor.
  • Botamos nun cunco a reladura de coco e noutro distinto os fideos de chocolate, imos empregalos para rebozar as boliñas de brigadeiro.
  • Untando de manteiga as mans e coa axuda dunha culler de café imos collendo a masa do brigadeiro e facendo bolas coas mans. A continuación botámolas en algún dos cuncos para rebozalas. Imos facer a metade de coco e a outra metade cos fideos de chocolate. Finalmente colocámolos nos moldes de papel.