Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
700 g de cabaza
350 g de boniato
350 g de cenorias
1 porro
1 cebola
AOVE (aceite de oliva)
queixo mozzarella
para acompañarxenxibre fresco (6g)
Pasos
- Pelamos a cabaza, as cenorias e o boniato e cortámolas en anacos.
- Pelamos e cortamos a cebola e o porro.
- Botamos aceite nunha pota, deixamos que quenza un pouco e salteamos a cebola e o porro cun pouco de sal.
- Cando a cebola comece a estar transparente engadimos a cabaza, o boniato e a cenoria. Salteamos todo remexendo de cada pouco durante uns 10 minutos.
- A continuación engadimos o xenxibre pelado e cubrimos con auga todas as verduras. Poñemos a quentar e cando comece a ferver baixamos un pouco o lume, deixamos uns 20 minutos até que todo estea ben cocidiño.
- Mentras tanto poñemos a mozzarella a escorrer nun coador.
- Cando teñamos todo cocido agardamos a que arrefríe un pouco e trituramos cun batedor até obter unha crema fina. Probamos como está de sal, engadimos un pouco máis se fose necesario, e batemos co batedor para mesturar ben.
- Rompemos a mozzarella en anacos coas mans e finalmente servimos a crema nun cunco con mozarela e pementa moída por enriba.