Caipirinha

Detalles

Racións

1 persoa

Tempo

5 minutos

O caipirinha é unha bebida moi famosa de orixe brasileiro. Faise con cachaça, unha bebida alcohólica destilada que provén da cana de azucre. No Brasil é unha bebida moi común, tómase a todas horas, incluso coa comida.

O seu nome é un diminutivo da palabra caipira, que se emprega para referirse a alguén que procede do campo. A orixe desta bebida está nunha receita popular feita con limon, allo e mel para curar a gripe.

Da receita orixinal xurdiron numerosas versións con outras froitas como o caipirinha de froita da pasión ou de amorodo. Ou incluso con outros destilados, como o caipiroska, que emprega o vodka en lugar da cachaça.

O habitual é facela no mesmo vaso que a imos tomar, pero se temos que preparar moitas xuntas podemos empregar un recipiente máis grande e logo botalo en vasos.

Ingredientes

  • 2 limas

  • 60 ml de cachaça
    (2 medidas)

  • 2 culleres de azucre branco

  • Xeo picado

Pasos

  • Este cóctel faise directamente no vaso onde o imos beber e necesitamos xeo picado. Podemos mercar xeo picado ou botar unhas pedras de xeo nunha bolsa de conxelar e golpealas cun morteiro até que se desfagan todas.
  • Lavamos e cortamos as limas en anacos pequenos e engadímolas ao vaso.
  • Botámoslles o azucre por enrima e machucamos todo cun morteiro até expremer as limas.
  • Engadimos a cachaça e enchemos o vaso de xeo picado.
  • Adornamos cun anaco de lima no vaso.