Coliflor gratinada con curry e queixo

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 1 coliflor grande (700g)

  • aceite de oliva

  • 1 cebola

  • 1 culleriña de comiño en pó

  • 1 culleriña de curry en pó

  • 1 culleriña de mostaza

  • 1 chile vermello seco

  • 200 ml de nata para cociñar

  • 120 g de queixo relado

  • pirixel fresco

  • 15 g de rafa de pan esfaragullado

Pasos

  • Cocemos a coliflor nunha pota con auga fervendo durante uns 10 minutos. Retirámola do lume, escorrémola e deixamos que arrefríe un pouco. Mentras tanto picamos a cebola ben finiña.
  • Nunha pota botamos un chorriño de aceite e sofritimos a cebola a lume baixo até que se pase. Engadimos o comiño, o curry, a mostaza e o chile, cortado en anacos pequenos e sen sementes. Remexemos todo e deixamos ao lume uns minutos. Engadimos a nata, 100g do queixo e un chisco de sal. Deixamos cociñar a fogo lento uns minutos até que espese un pouco.
  • Nunha bandexa apta para o forno colocamos un chisco de salsa no fondo, poñemos a coliflor en ramas por enriba e cubrímola co resto do mollo.
  • Mesturamos nun cunco á parte o pirixel picado fino, coas faragullas do pan e o restante do queixo e botámolo por enriba da coliflor. Limpamos os bordes da bandexa con un pano de papel e metémolo no forno, que previamente quentamos a 180º C, durante uns 8 minutos até que comece a burbullar o mollo. Neste momento encendemos o grill e gratinamos á maxima temperatura até que se doure a coliflor, con ollo de non queimala.
  • Retiramos do forno e servimos cando arrefríe un pouco.