Ensalada de endivias con pera, noces, salmón afumado e mollo de queixo azul

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

15 minutos

Ingredientes

  • 2 endivias

  • 50 g de queixo azul

  • 1 chorriño de leite

  • 1 culler de aceite

  • noces peladas

  • 1 pera

  • salmón afumado

  • sal

Pasos

  • No vaso dun batedor botamos o queixo, un chisco de sal, o aceite, unha ou dúas noces e un chorriño pequeno de leite. Batemos todo e reservamos.
  • Pelamos e cortamos a pera en cubiños e reservamos tamén. Colocamos nun prato as endivias cortadas, botamos sobre o centro os anaquiños de pera e as noces.
  • Engadimos o salmón afumado en anacos ás endivias e regamos todo por enriba co mollo de queixo.