Cookies

Detalles

Tempo

60 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 2 culleradas sopeiras de leite

  • 2 culleradas sopeiras de evainilla

  • 1 ovo

  • 1 chisco de sal

  • 200g de azucre branco

  • 150g de manteiga

  • 400g de fariña

  • 1/2 cullerada de sobremesa
    de lévedo en pó

  • 1 chisco de bicarbonato

  • 4 tabletas de chocolate Milka

Pasos

  • Botamos nun cunco as duas culleradas de leite e as duas culleradas de vainilla.
  • A continuación engadimos o ovo, un chisco de sal, o azucre e batemos ben cunha batedora de varas.
  • Engadimos a manteiga que previamente derretemos e batemos ben a mestura.
  • Engadimos a fariña, o bicarbonato e o lévedo e a continuación amasamos ben ate que quede unha masa uniforme.
  • Prequetamos o forno a 150º e mentras cortamos en taquiños pequenos o chocolate con un coitelo. Unha vez teñamos todo o chocolate picado en taquiños engadímolo á masa e mesturámolo ben.
  • Cando o forno esté listo colocamos papel de forno nunha bandexa. Imos facendo boliñas coa masa e imos colocandoas na bandexa con certa separación entre as bolas, xa que van medrar cando as metamos no forno. Como truco, para facer as bolas todas uniforme podemos empregar unha culler para facer bolas de xeado.
  • Metemos as boliñas no forno durante 15 minutos aproximadamente e cando esten listas sacámolas e deixamolas arrefriar nunha grella para o forno. Se aínda temos masa, podemos repetir o paso anterior as veces que queiramos ata rematala.