Detalles
Racións
4 persoas
Tempo de cociñado
30 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
500 g de chícharos conxelados
1 porro
1 pataca
1 cebola
aceite de oliva
follas frescas de hortelá (hierba buena)
Pasos
- Lavamos as follas de hortelá e secamos con un anaco de papel de cociña. Botamos nun vaso de batedora as follas limpas e cubrimos con 50 ml de aceite de oliva suave. Podemos reservar unhas folliñas para decorar o prato. Tapamos o vaso con film transparente e deixamos na neveira para que se mesturen os aromas. Canto maior tempo estén maior sabor collerá o aceite.
- Lavamos e cortamos en anacos os porro e cortamos a cebola e brunoise.
- Botamos un pouco de aceite nunha pota e cando este quente refogamos a cebola e o porro.
- Apartamos un momento a pota do lume até que arrefrie un pouco o aceite e cubrimos con auga abundante.
- Pelamos e cortamos a pataca en tacos e engadimolo á pota.
- Deixamos cocer 10 minutos e a continuación engadimos os guisantes.
- Cando os guisantes estén cocidos, 10 minutos aproximadamente, apagamos o lume e batemos todo con unha batedora deixando unha crema homoxénea.
- Por último, pasamos pola batedora o aceite coas follas de hortelá e botamos un chisco de aceite por riba da crema despois de servila no prato.
- Podemos decorar o prato con follas de hortelá e con pan de molde torrado e cortado en dadiños.