Peitugas recheas

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo de cociñado

45 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 2 peitugas de polo

  • 1/2 cabaciño

  • 1 anaco de queixo San Simón

  • 6 champiñóns

  • uvas pasas

  • 1/2 vaso de vino Albariño

  • sal

  • pementa moída

Pasos

  • Lavamos e cortamos os champiñóns en taquiños non moi grosos.
  • Cortamos o cabaciño en tacos pequenos.
  • Botamos un pouco de aceite nunha tixola e cando este quente engadimos o cabaciño e os champiñóns. Remexemos cada pouco e deixamos que se cociñen a lume medio.
  • Engadimos as uvas pasas e botamos o medio vaso de viño Albariño. Deixamos que reduza pouco a pouco.
  • Abrimos as peitugas de polo con un coitelo grande de xeito que queden estendidas e botamoslles sal e pementa moída.
  • Cando o viño teña reducido, colocamos a mestura de champiñons, cabaciño e pasas e engadimos os taquiños de queixo recheando cada peituga.
  • Pechamos as peitugas coa axuda de uns escarvadentes.
  • Na tixola na que cociñamos as verduras, botamos un chisco de aceite e selamos as peitugas por ambos lados. É moi importante que o lume esté alto e deixalas pouco tempo para que estas fiquen seladas e non se cociñen completamente.
  • Cando as peitugas estén seladas, quentamos o forno a 180 graos e cubrimos as peitugas con lonchas de xamón serrano.
  • Metemos no forno e deixamos uns 15 minutos, até que o polo se cociñe e o xamón se torre.
  • Retiramos do forno e servimos.