Croquetas de grelos

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

120 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 200 g de grelos cocidos

  • 400 ml de leite

  • 35 g de fariña de trigo

  • 150 g de queixo San Simón

  • 2 porros

  • 1 cebola

  • 1 allo

  • pementa negra moída

  • manteiga

  • Para rebozar:
  • fariña

  • 2 ovos

  • pan relado

Pasos

  • Podemos usar grelos en lata ou grelos frescos. Para preparar os grelos frescos podedes ver aquí como facelo.
  • Limpamos e picamos nunha picadora a cebola, o porro e o allo.
  • Botamos un chisco de aceite nun cazo e rustrimos as verduras trituradas durante 15 minutos a lume medio.
  • Cando as verduras estean pasadas engadimos a fariña e cociñamos a lume medio durante 10 minutos, remexendo pouco a pouco. É importante cociñar ben a fariña para que non saiba a fariña crúa.
  • Temperamos o leite e ímolo engadindo pouco a pouco á fariña, remexemos constantemente sen engadir máis até conseguir unha pasta homoxénea. Repetimos o proceso até que botemos todo o leite. Engadimos un pouco de sal, pementa negra moída e mesturamos ben.
  • Cortamos os grelos e engadímolos á bechamel, mesturamos todo e retirámolo do lume. Deixamos arrefríar un pouco e engadimos o queixo cortado en dadiños pequenos.
  • Nunha bandexa alongada untamos o fondo con manteiga e botamos a bechamel cos grelos e o queixo. Cubrimos cun film transparente e deixamos arrefriar na neveira un par de horas polo menos.
  • Despois de repousar a masa colocamos tres pratos: un con fariña, outro ovo batido e o último pan relado.
  • Facemos cada croqueta collendo un pouco de pasa cunha culler e dándolle forma coa axuda doutra culler. Imos rebozándoas primeiro na fariña, logo pasámolas polo ovo e a continuación polo pan relado. Facemos varias antes de pasar da fariña ao ovo, deste xeito será máis cómodo e axudaralles a coller mellor o rebozado.
  • Fritimos en aceite abundante e bastante quente, despois colocamos nun prato con papel absorbente para eliminar o aceite sobrante.