Grelos, como cociñalos?

Detalles

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Os grelos son as follas que saen dos nabos antes da floración. É unha verdura moi común en Galicia, e surxen durante o inverno, entre xaneiro e marzo. Comense cocidos e é recomendable escaldalos antes de cocelos para quitarlles o amargor.

Ingredientes

  • 1 feixe de grelos

  • 1 culler de unto
    ou manteiga de porco

  • sal

Pasos

  • Lavamos os grelos e cortámolos pola metade.
  • Imos escaladalos primeiro, antes de cocelos para quitarlles o amargor. Quentamos unha pota con auga abundante e engadimos unha cullerada de unto. Cando comece a ferver botamos os grelos e agardamos a que volva levantar o fervor. Deixamos 5 minutos, retiramos os grelos e escorrémolos.
  • Tiramos a primeira auga e voltamos cocelos, ben en auga normal con un pouco de sal ou auga onde coceramos carne previamente. Agardamos que volten ferver e pasados 25 minutos retirámolos e escorrémolos.
  • Podemos comelos así directamente ou engadirlles un rustrido.
  • Para facer o rustrido quentamos aceite con dous ou tres allos cortados en anacos e lume medio, cando os allos estean douradiños retiramos a tixola do lume e engadimos unha culler de pimentón doce. Mesturamos todo ben cun garfo até ter unha mestura homoxénea e botámolo por enriba dos grelos.

4 Comentarios

Os comentarios están pechados.