Crostata de queixo fresco e froitos vermellos

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 150 g de manteiga
    a temperatura ambiente

  • 95 g de azucre glas

  • 30 g de améndoa moída

  • 1 ovo

  • 250 g de fariña de trigo

  • Para a cobertura:
  • 300 g de queixo fresco batido

  • 15 g de azucre

  • 1 limón relado

  • 350 g de marmelada
    de froitos vermellos

  • MOLDE:
  • Desmontable de 28 cm

Pasos

  • Para a masa:
  • Comezamos facendo a masa. Para iso mesturamos a manteiga a temperatura ambiente co azucre e as améndoas moídas coa axuda dun batedor de globo.
  • Cando estea uniforme engadimos o ovo e a fariña pouco a pouco até ter unha mestura homoxénea. É unha masa bastante pegañenta, unha vez engadida a fariña mesturamos cunha lingua pasteleira.
  • Despois de ter a masa preparada, botámola sobre un film transparente, cubrímolo con forma de bola e deixámolo repousar na neveira unha hora como mínimo. Podemos facela dun dia para o outro se queremos.
  • Para o recheo:
  • Lavamos un limón e relamos a sua pel, evitando partes brancas para que non amargue demasiado. Escorremos o soro do queixo e mesturamos coa reladura do limón e co azucre. Reservamos.
  • Batemos a marmelada cun batedor para que fique máis líquida e reservamos
  • Para montar a torta:
  • É unha masa bastante pegañenta e dificil de traballar. Imos sacala da neveira e manipulala o máis rápido posíbel para evitar que se quente e sexa máis difil manexala. Cun rolete estendémola sobre papel de forno e colocámola sobre o molde. Colocámola ben e prememos nos bordos para retirar a parte sobrante. Retiramos o papel e cos anacos de masa que nos sobren facemos outra boliña e gardámola na neveira.
  • Botamos por enriba da masa o queixo e a continuación a marmelada, esparexéndoas ben para que fiquen uniformes.
  • Estendemos a boliña de masa que nos sobrou e facemos tiras que colocaremos cruzadas sobre a torta.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 170ºC, deixamos uns 35 minutos até que se doure a masa por enriba.
  • Deixamos arrefríar un chisco antes de desmoldala e gardámola na neveira para servila ben fresquiña.