Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
500 g de lagostinos crús
½ cebola
1 tomate pequeno maduro
2 dentes de allo
5 g de xenxibre fresco
2 follas de loureiro
1 culler de sopa de cravo
1 culler de sopa de cardamomo
12 g de comiño en pó
12 g de cúrcuma en pó
12 g de pemento doce en pó
½ iogur
100 g de leite de coco
sementes de chía
pirixel fresco
Pasos
- En primeiro lugar pelamos os allos e o xenxibre e esmagámolos nun morteiro cun chisco de auga. A continuación cortamos a cebola en xuliana e refogámola cun pouco de aceite, engadimos tamén o allo, o xenxibre, as follas de loureiro o cravo e o cardamomo.
- Cando a cebola estea case lista, engadimos o tomate pelado e cortado en taquiños e cociñamos uns 10 minutos. Mentras se cociña a cebola tiramos a casca dos lagostinos e reservamos as cabezas.
- Con elas imos facer un caldo, para isto refogámolas cun chisco de aceite nun cazo e despois encadigos un pouco de auga. Deixamos cocer uns minutos e retiramos do lume.
- Despois de cociñar o tomate imos retirar o cravo, o cardamomo e o loureiro e engadir o iogur e tamén as especias en pó: comiño, cúrcuma e pemento doce. Mesturamos ben e deixamos cociñar uns minutos.
- Máis tarde engadimos un pouco do caldo das cabezas pasado por un coador e trituramos todo co batedor.Co mollo case preparado incorporamos o leite de coco, remexendo ben para obter un mollo homoxéneo e engadimos os lagostinos. Uns minutiños seran suficientes para para que se cociñen.
- Servimos ben quente con perixel picado e sementes de chía por enriba, podemos acompañalo con arroz branco ou pan pita.