Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
1 coliflor
1 ceboliña
1 cabaciña
2 cenorias
uvas pasas
sal
pementa
curry
AOVE (aceite de oliva)
Pasos
- Quitamos o tronco central e os talos da coliflor. Lavámola ben e escurrímola.
- Cunha picadora trituramos a coliflor até conseguir un tamaño parecido ao do cuscús e reservamos.
- Cortamos en cadradiños a cabaciña e a cenoria.
- Picamos a ceboliña e salteamos nunha sartén cun pouco de aceite. A continuación engadimos a cabaciña, a cenoria e salteamos xunto a ceboliña. Deixamos até que as verduras estean cociñadas.
- Engadimos a coliflor picada e salteamos uns minutos xunto as verduras. Botamos pementa e curry ao gusto e remexemos até que se acabe de pasar a coliflor.
- Retiramos do lume, engadimos unha presa de pasas e mesturamos todo para integralas.