Dourada ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 2 douradas frescas

  • 3 patacas grandes

  • 1 cebola

  • 1 limón

  • sal

  • aceite

Pasos

  • Pelamos as patacas e cortámolas en toros de grosor medio cunha mandolina. Cubrimos o fondo dunha bandexa apta para o forno con elas.
  • Cortamos a cebola tamén en toros e colocámola sobre as patacas. Botámoslles sal e un chorriño de aceite por enriba e metémolas no forno, que previamente quentamos a 180 ºC, durante uns 15 ou 20 minutos.
  • Pasado este tempo sacamos a bandexa do forno, salgamos as douradas e colocámolas sobre a cama de patacas e cebola.
  • Cortamos 4 toros de limón, cortámolos pola meta e colocámolos sobre as douradas. Engadímoslles un chorriño de aceite e co resto de limón expremémolo por enriba dos peixes e das patacas.
  • Metémolos no forno durante uns 20 ou 25 minutos até que se douren un pouquiño.
  • Sacámolas do forno e desfrutámolas cun albariño ben fresquiño.