Empanada de pisto

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

2 horas e media

Dificultade

Fácil

Molde

Bandexa de forno

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 500 g de fariña de forza

  • 400 ml de auga

  • 25 g lévedo fresco

  • 1 culler
    pequena de sal

  • Para o recheo:
  • 2 allos

  • 1 cebola

  • 1/2 pemento vermello

  • 1 pemento verde

  • 1 cabaciña

  • 1 berenxena

  • 4 tomates

  • Para decorar (opcional):
  • 1 ovo

Pasos

  • Para a masa:
  • Quentamos a auga para que estea morna.
  • Mesturamos a fariña coa sal e facemos unha montaña. Desfacemos o lévedo no medio da montaña e imos botando a auga pouco a pouco e mesturando.
  • Amasamos durante 15 minutos, formamos unha bola coa masa e deixamos levedar durante 2 horas cuberta cun pano.
  • Para o recheo:
  • Cortamos as verduras en brunoise.
  • Botamos nunha tixola un pouco de aceite a lume medio.
  • Engadimos os allos e pochamos a cebola durante 5 minutos con un chisco de sal. Engadimos os pementos e deixamos pochar outros 10 minutos.
  • Engadimos a cabaciña e a berenxena e seguimos pochando a lume lento.
  • Cando todas as verduras estean feitas trituramos os tomates e engadímolos á tixola. Botamos sal e pementa moída ao gusto.
  • Deixamos cociñar durante outros 15 ou 20 minutos a lume baixo.
  • Montaxe:
  • Partimos a masa en dous e extendemos a primeira cun rolete.
  • Colocamos a masa sobre papel de forno nunha bandexa.
  • Colocamos o pisto enriba da masa deixando os bordes.
  • Extendemos o outro anaco de masa e colocamos a tapa enriba da empanada. Con dous dedos unimos os bordes da masa e pinchámolos cun garfo.
  • Facemos un burato no medio da tapa da empanada para que saia o vapor. Podemos pintala con ovo batido por enriba para que lle de un toque de cor.
  • Metemos no forno que previamente quentamos a 200 graos con calor arriba e abaixo e sen ventilador durante 20 ou 30 minutos, até que a tapa quede douradiña.