Arroz caldoso con berberechos

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 500 g de berberechos

  • 300 g de arroz

  • 1 tomate maduro

  • 1 cebola

  • 2 dentes de allo

  • azafrán

  • 1 vaso de albariño

  • 1 l de fumet ou caldo de peixe

  • aceite de oliva

Pasos

  • Comezamos un par de horas antes, poñendo os berberechos en abundante auga con un chisco de sal para depuralos. Pasadas as dúas horas lavámolos ben e escorrémolos.
  • A continuación cortamos a cebola ben finiña e picamos os allos. Nunha pota ancha cun chorriño de aceite sofritimos a cebola e o allo cun chisco de sal até que estea transparente. Engadimos o tomate pelado, cortado en cadradiños pequenos e seguimos refogando uns minutos.
  • Pasado este tempo botamos o vasiño de viño e deixamos reducir. Cando reduza engadimos o arroz e o azafrán e refogamos a lume forte uns 2 minutos. A continuación botamos o fumet e remexemos todo.
  • Aos 10 minutos incorporamos os berberechos e deixamos outros 10 minutos a fogo medio-baixo. Finalmente retirámos do lume e deixámolo repousar 5 minutos tapado. Xa podemos desfrutalo!