Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
15 minutos
Ingredientes
2 tomates
1 cogombro
1 cebola morada pequena
50g de olivas negras
180 g de queixo feta
aceite de oliva
ourego seco
limón
sal
Pasos
- En primeiro lugar pelamos o cogombro, a continuación cortámolo xunto co tomate en dados non moi pequenos e cortamos tamén a cebola en tiras.
- Botamos todo nun cunco e aderezamos con sal, aceite de oliva e un chorriño de zume de limón por enriba. Mesturamos ben e engadimos as olivas e o queixo feta cortado en dados.
- Botamos por enriba un pouco de ourego seco picado e servimos.