Estufado de porco

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 1 kg de carne de porco (agulla)

  • 1 cebola

  • 1 tomate

  • 3 dentes de allo

  • 4 cenorias

  • 150 g de guisantes

  • 1 pemento vermello

  • 3 patacas

  • 1 vaso viño do ribeiro

  • 3 folliñas de loureiro

  • sal e pementa

Pasos

  • Comezamos cortando a cebola, o allo e o pemento en brunoise. Pelamos e cortamos o tomate en cadradiños e reservamos todo.
  • Na mesma pota onde imos cociñar todo, cubrimos o fondo con aceite e cando estea quente engadimos a carne, que previamente salpimentamos, e selamos ben polos dous lados para evitar que se seque ao cociñala.
  • A continuación rustrimos a cebola a lume baixo até que estea transparente e engadimos o pemento e o allo. Pasados uns minutos, regamos co vaso de viño e deixamos evaporar o alcohol.
  • Despois diso adicionamos o tomate e as follas de loureiro e mesturamos todo ben. Deixamos cociñar un pouco e engadimos tamén os anacos de carne, cociñamos a fogo lento uns 40 minutos remexendo de cando en vez para que non se pegue ao fondo.
  • Cando teñamos a carne a medio pasar engadimos un vasiño de auga, os guisantes e as patacas peladas e cortadas en anacos. Rectificamos o sal e deixamos outros 20 minutos máis ou menos até que se cociñen as patacas. Servimos quentiño.