Ensalada de burrata, cóengos, noces e mel

Detalles

Racións

1 persoa

Tempo

10 minutos

Ingredientes

  • 1 burrata

  • 35 g de cóengos

  • noces peladas ao gusto

  • mel

  • aceite de oliva

  • alfábega seca

Pasos

  • Comezamos botando os cóengos nun prato e colocamos a burrata no centro. Facemos un corte en cruz sobre o queixo e botamos as noces sobre a ensalada.
  • Botamos un chisco de mel por enriba e a continuación alfábega sobre a burrata.
  • Rematamos cun chorriño de aceite e servimos.