Flan de castañas

Detalles

Racións

8 racións

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 500 ml de leite

  • 200 ml de nata para bater

  • 100 g de azucre moreno

  • 250 g de castañas cocidas
    e sen pel

  • 5 ovos

  • Para o caramelo:
  • 100 g de azucre

  • 16 g de auga

  • Para decorar:
  • castañas en almibre

  • nata batida

  • MOLDE
  • 8 moldes de flan de 8,5 cm
    de diámetro

Pasos

  • Para facer o caramelo:
  • Podemos facer caramelo caseiro ou mercalo xa feito, o resultado será moi parecido. Se xa o temos feito saltamos o seguinte paso.
  • Botamos nun cazo primeiro a auga e a continuación o azucre. Poñémolo a lume medio e sen remexer imos movendo pouco a pouco o cazo con movementos envolventes. Pasados uns minutos remexemos cunha culler de pau até que se integre todo. Cando comece a coller color apagamos o lume. Deixamos un pouco máis no lume apagado para que acabe de facerse.
  • Vertemos o caramelo no fondo das flaneiras e deixamos arrefriar.
  • Para o flan:
  • Trituramos as castañas cun pouco de leite no vaso dun batedor e a continuación engadimos o azucre e os ovos. Seguimos batendo co batedor e botamos o resto do leite e a nata. Mesturamos todo ben co batedor e enchemos as flaneiras, con atención de non enchelas de todo para que non sobresaia ao cociñarse.
  • Imos cociñalos ao baño maría. Colocamos todas as flaneiras nunha bandexa alta apta para o forno. Botamos auga no fondo da bandexa até cubrir uns 2/3 das flaneiras e metémolo no forno, que previamente quentáramos a 170º. Deixamos uns 45 minutos máis ou menos.
  • Retiramos do forno e deixamos que arrefríen de todo antes de metelos na neveira.
  • Servimos ben fríos fora dos moldes e acompañados de nata batida e castañas en almibre. Para sacalos dos moldes pasamos con moito cuidado entre o molde e o flan unha folla fina de coitelo para despegalos e a continuación dámoslles a volta sobre o prato nos que os vamos servir.