Pasteis de arroz

Detalles

Racións

12 racións

Tempo

45 minutos

Os pasteis de arroz son un doce típico da cidade de Bilbao. Son similares aos Pastéis de Nata portugueses e aínda que levan o arroz no nome non o veredes nos seus ingredientes. Créese que a receita orixinal se facía con fariña de arroz e que logo foi substituida por fariña de trigo sen mudarlles o nome inicial.

Ingredientes

  • 1 lámina de masa follada con manteiga (260g)

  • 500 ml de leite

  • 125 g de azucre

  • 125 g de fariña

  • 3 ovos

  • 75 g de manteiga
    a temperatura ambiente

  • un chisco de manteiga
    para untar

  • MOLDE
  • Bandexa de forno
    para 12 magdalenas

Pasos

  • Imos empregar unha bandexa de forno para facer magdalenas con 12 ocos.
  • É necesario sacarmos a manteiga da neveira unha hora antes de cociñar para que se atempere. Comezamos botando nun cunco os ovos e o azucre e batendo cun batedor de globo eléctrico até que branqueen os ovos, aproximadamente uns 5 minutos.
  • Engadimos a manteiga a temperatura ambiente e continuamos batendo, se nos esquecimos de sacala antes da neveira podemos darlle un golpe de calor no microondas a baixa potencia.
  • A continuación engadimos pouco a pouco a fariña peneirada e seguimos batendo.
  • Cando teñamos a fariña ben integrada botamos tamén o leite pouco a pouco e batemos até ter unha mestura homoxénea.
  • Prequentamos o forno a 180º e untamos os ocos da bandexa de magdalenas cun chisco de manteiga.
  • Mentras se quenta o forno imos cortando a masa follada en círculos de tamaño un pouco superior aos ocos da bandexa. Colocámolos no molde coas mans e picamos a base cun garfo.
  • Botamos a mestura de ovos e leite nunha xerra e vertémola sobre os cestiños de masa follada. Non imos encher os ocos de todo para evitar que se boten por fora, deixamos uns milímetros de marxe. 
  • Cando o forno acade a temperatura metémos na bandexa do medio e deixamos uns 30 minutos. Os últimos 10 minutos podemos subir á bandexa de arriba se vemos que non se douraron o suficiente por enriba.
  • Pasado este tempo podemos picálos cun espeto, se sae seco é que xa están cociñados. 
    Retiramos do forno e agardamos un pouco até que arrefríen para desenmoldalos.
  • Finalmente colocámolos nunha rexa para que acaben de arrefríar. Podemos comelos así directamente ou cun chisco de azucre glas por enriba. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará