Frittata de grelos

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 325 g de grelos cocidos
    ou grelos en lata

  • 3 allos

  • 4 ovos

  • pimentón

  • aceite

Pasos

  • Podemos usar grelos en lata ou grelos frescos e cocelos. Para preparar os grelos frescos podedes ver aquí como facelo.
  • Escorremos os grelos ben e batemos os ovos.
  • Nunha tixola quentamos un pouco de aceite e douramos 3 allos cortados en anaquiños. Cando os allos se douren, baixamos o lume ao mínimo e engadimos unha cullerada de pimentón doce. Remexemos ben e engadimos os grelos, sofritímolos un pouco a lume medio.
  • A continuación engadimos os ovos, deixamos que callen un pouco e dámoslle a volta coma se fose unha tortilla. Deixamos uns minutos, dependendo se gostamos do ovo máis ou menos feito e retiramos da tixola.