Guacamole de lagostinos con chips de batata

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • Para o guacamole:
  • 3 aguacates maduros

  • 1/2 tomate maduro

  • 10 lagostinos cocidos

  • 1/2 ceboliña

  • limón

  • comiño en po

  • sal, aceite e pementa negra moída

  • Para os chips:
  • 2 boniatos

  • pemento picante moído

  • sal, aceite e pementa

Pasos

  • Para o guacamole:
  • Cortamos os aguacates pola metade e tirámoslles o oso. Cunha culler sacamos a carne e botámola nun cunco. Pisámolos ben cun garfo e engadímoslles o tomate e a ceboliña picada en cadradiños. Botámoslle un chorriño de zume de limón, sal, un chisco de comiño en pó. Mesturamos todo ben.
  • Pelamos os lagostinos, cortámolos en 3 ou 4 anacos e mesturámolos co guacamole.
  • Para os chips:
  • Lavamos ben a pataca doce e cunha mandolina cortámola en toros de medio centímetro máis ou menos. Botámolos nun cunco e botámoslles aceite e unha culleriña de pemento picante moído, remexemos ben para que se impregnen todos os anacos.
  • Nunha bandexa para o forno, colocamos un papel de forno e sobre el imos poñendo os anacos de batata sin que se pisen uns con outros. Botámoslles sal e pementa por enriba e metémolos no forno, que previamente quentamos a 200 grados, deixamos uns 10 minutos. Pasado este tempo dámoslle a volta aos anacos de pataca doce e deixamos outros 10 minutos máis ou menos, con ollo de que non se queimen. Teñen que quedar duros e crocantes.
  • Servimos o guacamole nun cunco rodeado dos chips de batata.