Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
3 horas
Dificultade
Fácil
Pasos
- O lacón ten que estar desalgado xa, senon 48 horas antes de cociñalo metémolo nun recipiente con abundante auga e imos cambiandolle a auga duas ou tres veces ao día.
- Poñemos nunha pota grande e en auga fría o lacón e deixámolo a lume medio durante unhas duas horas mais ou menos, dependendo do tamaño. A medida adoita ser unha hora por kilo máis ou menos. Para saber se xa está cociñado podemos picalo cun garfo e comprobar se está brandiño, senon deixámolo un anaco máis.
- É recomendábel escaldar os grelos antes de cocelos. Para iso botámolos en auga fervendo cun pouco de unto ou manteiga de porco e cando volten ferver contamos 3 minutos e escorrémolos.
- Media hora antes de que o lacón remate de cocer, sacamos metade da auga do lacón e movémola a outra pota. Engadimos á pota nova as patacas enteiras e peladas e os chourizos picados cun garfo para que non estoupen, agardamos que ferva e deixamos cocer durante 5 minutos. A continuación engadimos os grelos xa escaldados e deixamos todo xunto outros 25 minutos.
- Escorremos todo e gardamos a auga do lacón por se queremos facer outra cousa con ela, caldo por exemplo.
- Servimos para cada ración un anaco de lacón, un pouco de chourizo cortado, grelos e unha ou duas patacas.