Marmitako de atún

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

O marmitako é un guiso típico de Euskadi e do cantábrico en xeral, en Cantabria recibe o nome de sorropotún ou marmita. A súa orixe ven dos pescadores ou arrantzales en Euskera e hoxe en día é un dos pratos máis coñecidos da gastronomía vasca. Elaborase xeralmente con bonito ou atún e patacas nunha marmita a lume baixo. Aínda que sexa un guiso a súa temporada alta é durante o verán que é cando se pesca o bonito do norte no cantábrico.

Ingredientes

  • 350 g de atún

  • 2 patacas

  • 1 pemento vermello

  • 2 pementos verdes pequenos

  • 1 cebola

  • 3 dentes de allo

  • 1 tomate maduro

  • 1 vaso de viño branco
    (preferiblemente txakoli)

  • pemento picante en pó

Pasos

  • Lavamos e cortamos os pementos e a cebola en anacos.
  • Nunha pota con aceite botamos os allos e dourámolos a lume baixo. A continuación engadimos as verduras cun pouco de sal e refogámolas a lume baixo durante 20 minutos.
  • Cortamos o tomate en anacos, podemos pelalo se queremos e botámolo na pota coa cebola e o pemento. Continuamos refogando outros 5 minutos.
  • Pelamos as patacas e botámolas na pota escachandoas en anacos coa punta do coitelo. Ao romper a pataca deste xeito en lugar de cortalas directamente co coitelo conseguimos que a pataca libere o seu almidón e que espese o guiso.
  • Botamos unha culler de sobremesa de pemento en pó e refogamos durante 10 minutos as patacas coas verduras para caramelizar os seus azucres.
  • Engadimos o vaso de viño e deixamos refogando 5 minutos até que evapore o alcohol.
  • Cubrimos con auga, rectificamos o sal e deixamos cocer todo uns 15 ou 20 minutos a fogo suave até que as patacas estean ben cocidas e o guiso espese un pouco. Apagamos e retiramos do lume.
  • Cortamos o atún en dados e engadímolo a pota, deixámolo 10 minutos para que se cociñe no propio calor do guiso. Ao cociñalo así o atún non se seca e queda super tenro.