Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Dificultade
Moi fácil
Ingredientes
300 gramos de garavanzos cocidos
500 gramos de mexilóns crús con cuncha
1 pemento italiano verde
1/2 pemento vermello
1 cebola
3 allos
sal
pimentón doce
pimentón picante
Pasos
- Lavamos os mexilóns e quitámoslles as barbas con un coitelo.
- Nunha pota botamos dous dedos de auga, un pouco de sal e engadimos os mexilóns.
- Poñemos a pota a lume medio 10 minutos máis ou menos, até que abran os mexilóns.
- Cando os mexilons abran, apagamos o lume e escorrémolos gardando a auga.
- Agardamos a que os mexilóns arrefríen e sacámoslles a cuncha.
- Pelamos os allos e cortamos a cebola e os pementos en brunoise.
- Nunha pota con un pouco de aceite botamos os allos, a cebola e pochamos uns minutos con un chisco de sal.
- Engadimos os pementos e seguimos pochando coa tampa da pota posta, para que se fagan co vapor.
- Cando as verduras estén ben pochadas engadimos os garavanzos e a auga de cocer os mexilóns coada.
- Engadimos os mexilóns sen cuncha, media cullerada de sobremesa de pimentón doce e media cullerada de sobremesa de pimentón picante.
- Deixamos cocer 5 minutos e repousamos.