Torta de cabaza

Detalles

Racións

4 personas

Dificultade

Fácil

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • Para a masa
  • 200 g de fariña

  • 1 ovo

  • 100 g de manteiga

  • 50 g de azucre

  • 1 chisco de sal

  • Para o recheo:
  • 800 g de cabaza crúa

  • 3 ovos

  • 100 g de azucre moreno

  • 150 g de nata para montar

  • 150 g de leite

  • 1 culler pequena de canela en pó

  • 1 culler pequena de xenxibre en pó

  • sal

Pasos

  • Para a masa:
  • Cortamos a manteiga en taquiños.
  • Botamos a fariña nun cunco e a continuación mesturamos os taquiños de manteiga, a fariña e o azucre cos dedos. Imos mesturando ben até quedar unha masa uniforme.
  • Engadimos un chisco de sal e o ovo sen bater e mesturamos ben coas mans até que fique homoxénea a masa.
  • Cando teñamos a masa lista facemos unha boliña con ela e envolvémola en papel film. Gardámola no frigorífico durante 1 hora aproximadamente para que acabe de formarse.
  • Para o recheo:
  • Tiramos a casca e as pebidas da cabaza e cortámola en tacos.
  • Cocemos a cabaza nun cazo con auga durante uns 15 minutos até que estea ben pasada e blandiña.
  • Escorremos a cabaza e triturámola con un batedor.
  • Engadimos o leite, a nata e o azucre e batemos.
  • Engadimos os ovos e seguimos mesturando.
  • Por último engadimos a canela e o xenxibre en pó e acabamos de mesturar até ter unha masa homoxénea.
  • Despois de ter unha hora a masa na neveira, sacámola e extendémola con un rolete enriba de papel de forno. A continuación, colocamos a masa no molde coa axuda do papel.
  • Cubrimos a masa co mesmo papel de forno e poñémoslle peso enriba. Nós usamos sempre garavanzos para isto.
  • Metemos no forno prequentado a 180 graos durante 10 minutos para que se cociñe un pouco a masa e sacámola.
  • Cando a masa estea un pouco dourada, vertemos o recheo e voltamos meter no forno durante 30 minutos aproximadamente a 180 graos. Cando o recheo estea sólido e o piquemos con un pauiño e saia limpo, a torta estará pronta.