Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Pasos
- Abrimos dous maracuxás pola metade e tirámoslles a polpa e as sementes cunha culler. Trituramos todo ben cun batedor, e pasamos por un coador para quitar os anacos de semente triturada.
- Poñemos nun cunco con auga fría a folla de xelatina e deixamos hidratando 10 minutos. Mentras tanto imos montando a nata co azucre cun batedor de globo, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que se debuxen sucos na nata, reservamos.
- Separamos a clara da xema do ovo e noutro cunco á parte montamos a clara co batedor de globo, e ao igual que a nata, comezamos a baixa potencia e imos subindo. Incorporamos as claras batidas á nata con movementos envolventes.
- Cando teñamos hidratada a xelatina, botámola xunto ao zume de maracuxá nun cazo a fogo baixo, e remexemos constantemente até que a xelatina se disolva toda. Retiramos do lume, agardamos a que arrefríe un pouco e incorporámola á nata, remexendo tamén con movementos envolventes.
- Botamos en vasiños de chato e deixamos na neveira 4 horas para que colla consistencia.
- Antes de servir abrimos o outro maracuxá, tirámoslle a polpa cunha culler, remexémola ben para que se separe e botámola sobre as mousse.