Niños de pataca con ovos, queixo e bacon

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 260 g de patacas

  • 5 ovos pequenos

  • 60 g de queixo relado

  • sal e pementa

  • aceite de oliva

  • pirixel fresco

  • 2 tiras de bacon

  • MOLDES
  • 4 flaneiras

Pasos

  •  Comezamos quentando o forno a 200 graos. Mentras pelamos as patacas e relámolas non moi finas. Botámoslles sal e apretamos ben para tirarlles toda a auga posíbel.
  • Despois de escorrelas botámolas nun cunco e engadimos o queixo e un ovo batido. Engadimos un pouco de pementa moída e pirixel picado, mesturamos ben coas mans e reservamos.
  • Untamos cun chisco de aceite os moldes e botamos a masa neles, premendo coas mans no centro para facer un oco e deixando as paredes ben cubertas coa mestura de pataca, queixo e ovo. Metémolos no forno cando estea temperado e deixámolos uns 15 minutos até que comecen a dourarse.
  • Pasado este tempo retirámolas do forno e botamos un ovo en cada un, se os ovos son moi grandes quitámoslles un pouco da clara. Deixamos no forno outra vez uns 5 ou 10 minutos até que se cociñen os ovos e mentras fritimos nunha tixola sen aceite as tiras de bacon. Unha vez fritido deixámolo arrefriar un pouco sobre papel de cociña para absorver a graxa.
  • Cando teñamos os niños prontos, sacámolos do forno e agardamos que arrefríen un pouco para desmoldalos. Servimos nun prato con anacos de bacon crocante e pirixel picado por enriba.