Pad Thai

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

O Pad Thai é o prato máis coñecido da cociña tailandesa. Consiste nun salteado de fideos de arroz que adoita facerse con lagostinos, polo ou incluso tofú. Os fideos acompáñanse dun mollo especial que se consegue mesturando salsa de peixe, pasta de tamarindo e azucre.

Ademais leva cacahuetes, brotes de soia, lima e alliños chinos. Se non atopamos os alliños chinos podemos empregar ceboliño no seu defecto. O resto dos ingredientes poden atoparse facilmente en tendas de comida asiática.

Ingredientes

  • 140 g de tallaríns de arroz

  • 100 g de brotes de soia

  • 20 g de ceboliño

  • 2 ovos

  • 2 cebolas

  • 16 lagostinos

  • 1 lima

  • cacahuetes pelados

  • Para a salsa:
  • 8 culleres de salsa de peixe

  • 8 culleres de azucre de cana
    ou azucre moreno

  • 6 culleres de pasta de tamarindo

Pasos

  • Poñemos os tallaríns a remollo en auga a temperatura ambiente o tempo que nos indique o paquete, con 20 minutos adoita ser suficiente.
  • Pelamos os lagostinos deixando a cola, picamos a cebola en dadiños e cortamos o ceboliño en anacos de dous dedos de longo máis ou menos. Reservamos.
  • Nunha tixola ou wok fritimos os lagostinos cun pouco de aceite, cando estean listo sacámolos da tixola e reservamos.
  • Engadimos a cebola á tixola e deixamos rustrir un pouco a lume medio.
  • Escurrimos os tallaríns e botámolos na tixola, engadimos un pouco de auga e remexemos até que abranden. Se se consumise a auga antes, engadimos un pouco máis até alcanzar o punto desexado.
  • Nun cazo á parte botamos a pasta de tamarindo, o azucre e a salsa de peixe. Poñémolo a lume baixo e imos remexendo pouco a pouco mentras reduce até a metade máis ou menos.
  • Na tixola apartamos os tallaríns a un lado e engadimos un pouco de aceite. Botamos os dous ovos sobre o aceite e remexemos para facer un revolto, cando estean feitos mesturámos todo.
  • Engadimos aos tallaríns a salsa reducida, os brotes de soia, o ceboliño e os cacahuetes e salteamos durante uns minutos.
  • Servimos con anacos de lima cortada.