Hummus

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

5 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 400 g de garavanzos cocidos
    ( 1 bote grande )

  • 1 lima ou 1 limón pequeno

  • 1 dente de allo

  • 3 culleres de tahini
    (pasta de sésamo)

  • 1/2 culler de pimentón

  • 2 culleres de comiño

  • aceite

  • sal

Pasos

  • Exprememos o limón e botamolo cos garavanzos e co resto dos ingredientes no vaso do batedor, engadimoslle un chorriño de auga e batemos até que quede homoxéneo.
  • No caso de que quede moi espeso engadimos outro pouco de auga e batemos de novo.
  • Servimos con pimentón e cun chorriño de aceite por riba. Podemos acompañalo con pan ou verduras crudas como a cenoria.