Últimos posts

Principais

Volován de lagostinos, limón e cava

Volován provén do francés vol-au-vent, que traducido literalmente sería algo así como voar ao vento ou saír voando, e como podedes imaxinar chámanse así porque son moi lixeiros. É un pastel oco de masa de follado e que se pode encher para facer pratos doces ou salgados, neste caso o recheo é de lagostinos cocidos […]

Doces

Alfajores de maicena e castaña

Os alfajores son unha lambetada típica da maioría dos países hispanoamericanos, pero os arxentinos son dos máis famosos. O alfajor arxentino máis tradicional é o de maicena, elabórase cunhas bolachas moi suaves feitas con fariña de millo e recheas de doce de leite. A maicena mestúrase tamén con fariña de trigo para que sexa máis […]

Doces

Canelés

 Os canelés son un doce típico da cidade de Bordeos, en Francia. Por fóra teñen unha especie de costra acaramelada pero o seu interior é suave e gomoso. Hainos de tres tamaños mais os nosos favoritos son os máis pequenos, duns 2 cm de alto. A este formato chámaselle bouchée, bocado en Francés, porque se poden […]

Doces

Crema catalá

 A crema catalá é moi similar as natillas ou crema de ovo, as dúas empregan os mesmos ingredientes. A principal diferenza é que a crema catalá é algo máis densa e no momento de servila bótaselle azucre por enriba e cun soprete acaramélase formando unha cobertura crocante e dourada. Para coméla rompese coa culler a capa […]