Pan bao con polo asado, tomates secos e spicy mayo

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • Para os pans:
  • 140 g de fariña de trigo

  • 5 g de lévedo fresco

  • 80 ml de auga morna

  • aceite de oliva

  • sal

  • Para o recheo:
  • tomates secos en conserva

  • mollo spicy mayo

  • eiruga

  • peituga de polo asado

  • cebola morada

Pasos

  • Comezamos preparando o pan. Para iso mesturamos un chisco de sal coa fariña e desfacemos o lévedo na mestura. Facemos un burato no medio e imos botando a auga morna pouco a pouco mentres mesturamos.
  • Botámoslle un chorriño de aceite e amasamos coas mans, se vemos que se nos pega engadimos un pouco de fariña e seguimos amasando e se pola contra ficou moi dura engadimos un pouco de auga, dependerá do tipo de fariña que empreguemos. Despois de amasar durante 10 minutos formamos unha bola e deixamos repousar 2 horas cuberta cun pano húmido.
  • Pasado este tempo dividimos a masa en 4 boliños e deixámolos levedar outros 20 minutos, tamén cubertos cun pano húmido.
  • Despois de que levedaran, estendemos un pouco os bolos cun rolete para darlles forma ovalada, colocamos un anaco de papel de forno no medio para evitar que se peguen e dobramos pola metade. A continuación colocamos os pans nunha vaporeira con un anaco de papel de forno por baixo e deixámolos repousar outros 30 min. 
  • Cando remate o último levedado xa podemos cociñalos, para iso colocamos a vaporeira sobre unha pota con auga fervendo e deixamos 15 minutos coa vaporeira tapada e outros dous sen tampa.
  • Deixámolos arrefriar un chisco e xa podemos enchelos do que máis nos guste. Neste caso empregamos peituga de polo asado desfiada, tomates secos, eiruga, cebola morada e spicy mayo.